LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 20 de julio de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 32

 A CASA DO BISPO
 
 O meu fillo vai a vivir nunha casa da parroquia. Mudouse o mesmo día da misa nova na catedral de Palma.
 
 -Xa está amoeblada, mamá.
 -Ten uns mobles ben raros, meu neno. Ista mesa, por exemplo, parece que a fixo o demo.
 -Habla bien, mamá.
 -É unha mesa diseñada por Dali, tía -explicoume a miña sobriña.
 -¡Valgame Deus! Erge unha patiña coma un can. Non, meu neno, eu en ista mesa non como.
 
 Fumos pra outra sala e aínda era peor. A mesa agora tiña patas de galiña.
 
 -Poñemos o mantel e non hai problema, duquesa -dixo o meu asistento.
 
 O mantel non tapaba aqueles peiños de galiña. Fun para a cociña é ali as cadeiras remataban nuns pes con tacóns. Senteime. Eranche ben cómodas.
 
 -¿Viches o futbolín que mercou Uxío, tía?
 
 O meu fillo é un forofo do fútbol. Na súa habitación tiña o futbolín máis grande que eu vir ana miña vida.
 
 Estabamos rematando de cear cando chegou Alexandre.
 
 -¿Era ista a sorpresa que nos tiñas preparada, fillo?
 -Este hombre financia la rehabilitación de las catedrales españolas, mamá.
 -Non será cos meus cartos. Xa lle din para o Cinema Paxariño i foi unha ruina.
 -De eso nada, duquesa. Los de Hollywood nos compraron los derechos de nuestra primera película.
 
 A Alexandre encantoulle a casa do meu fillo bispo. Cria rodar a nova películo do Cinema Paxariño alí, pero o meu Uxío negouse.
 
 -Os bispos debemos dar exemplo i non caer en cousas mundanas.
 -Si se la dejas ver a los turistas ganas una pasta, Uxío. Pones el cepillo en la entrada y te lo llenan.
 -Ti non distinges a casa dun bispo da dun probe, carallo. Cala un pouco e deixame falar a min: ¿vaste casar con Eva?
 -Su sobrina no se quiere casar conmigo, duquesa.
 -Ti di se te queres casar ti.
 -¿Y usted? ¿Se va a casar con su novio joven?
 
 Xa me esquencera do conde de Talavera. Moi malo é o mundo, carallo; non che perdoan ningún pecado. Por iso ten que existir Deus. Se non existira íamos todos para o inferno a darlle traballo o demo.
 
 Eva estivo toda a noite calada. Alexandre falaba dos seus investimentos e ela calaba.
 
 -Está botando contas, duquesa -dixo o meu asistento-. A súa sobriña quere a Alexandre, pero ten medo que non sexa rico dabondo.
 -É ben máis rico cos outros noivos que tivo.
 
 Hoxe pola mañán Eviña contoume as súas cavilacións.
 
 -Alexandre quereme por interés, tía. Gostolle, pero máis lle gosto por ser curmán dun bispo i sobriña túa, que por ser eu.
 
 Eviña é moi boa nena, moi inocente. ¿E logo pensa co amor existe sen condimentos? Un caramelo gosta, pero máis gosta se tes a carteira chea de cartos para mercar outro.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

LIBROS