O DÍA GRANDE
Finalmente chegou o día da misa nova do meu fillo bispo. Puxen unha mantilla española con peineta de tella e ala funme co meu asistento Pepe maila miña sobriña Eva.
-Ten coidado co vestido, tía. Non vaias pisar a tela cando vaias comulgar.
-Ti reza por min, miña nena, i todo irá ben.
Moi ben falou o meu Uxío. Botou un discurso sobre a familia que me viñeron gañas de ter catro fillos máis. Deus mandanos multiplicarnos para que haxa xente na Terra, decía.
Detrás de nos, un neno dixolle á nai que cria ser crego.
-Se gana muy poco dinero, cariño. Los curas son pobres.
-Pero todo el mundo les da dinero.
Os cativos son moi listos de Dios. Ven nacer os cartos.
Cando rematou a misa, un cardenal enviado polo Papa veu a darme unha aperta. Biqueille o anel e dinlle as grazas no meu nome máis no nome do meu difunto.
-O duque de Monte Loureiro está no Ceo con Deus.
-Vostede tamén ten ben gañado o Ceo, duquesa.
-¿De onde é vostede?
-Sonlle de Viveiro.
-Moitos galegos hai nas Illas Baleares istes días.
-Vimos ó nomeamento de don Uxío coma bispo.
Aproveitei para pedirlle un bispado para A Coruña.
-Digallo a don Bieito, monseñor. Na Coruña precisamos un bispado máis unha catedral.
Prometeume decirllo cando o vira. O Papa é un home moi ocupado. Ten que rezar por todolos pecadores.
Fumos a xantar nun restaurante que só poñía sobrasada máis ensaimada.
-Eu preciso outro menú.
-Tenemos pescados variados, mariscos, guisos, sopa de verduras y postres realizados por un repostero de reconocido prestigio internacional -dixo o camareiro.
-Para min trae unha ración de todo iso. Pagan os feligreses do bispo.
O meu Uxío empezou a protestar. Saiu tan tacaño como o pai. O duque de Monte Loureiro endexamáis me levou a comer fóra. Decía que polo que gastabamos un día fóra, comíamos toda a semán na casa.
Non lle fixen caso. Empecei a comer a caldereta de langosta. ¡Qué rica! Aquela sí que era vida.
-Ti come, mamá, que eu non teño cartos para pagar o que comes.
Mollei o pan payés na salsa das langostas e dixenlle que calara.
-¿Queres provocarme un corte de dixestión, carallo?
Rematei o xantar cun queixo amarelo que non estaba nada mal.
-É queixo de Mahón -dixo a miña sobriña.
-De onde sexa, nena. Estache ben bo. Garda iste anaquiño no teu bolso para a cea.
-¡Prohiboche roubar! -berrou Uxío
-Levo iste queixo enteiro tamén. Cando cene rezarei a penitencia que me poñas.
Os cartos para pagar o xantar puxoos o crego Jordi. Deus sempre manda unha solución dende arriba para que os xefes da Igrexa na terra non pasen fame.
Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .