LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 25 de mayo de 2007

A duquesa de Monte Loureiro, 21

 ¿REMATA O MUNDO?
 
 Eva voltou a Madrid. Hai que recoñecer que, aínda que non se sabe vender, non perde a esperanza de venderse. A súa ilusión é expoñer os seus cadros na capital do Reino.
 
 -Se non chegas a Madrid non es ninguén, tía -dime sempre.
 
 Eu estouche ben contenta na Coruña. Non vou para Madrid nin que me nomeen raíña das Españas.
 A quen han de nomear rei dos parvos é o meu asistento Pepe. Non hai quen lle quite da cabeza que o mundo remata no ano 2.010.
 
 -Dio Denise, duquesa, e xa sabe vostede cas brasileiras saben moito de maxia.
 -Tamén saben como coller un home con cartos. O carniceiro ten tantos cartos coma xenio. Discuten dabondo, pero xa están ampliando o chalé.
 -Non diga nada, duquesa: pediron cartos ó banco.
 -¿Hipotecou a carnicería?
 -Puxo de aval unhas leiras que ten en Terra Chá.
 -engañou os do banco, emu neno. A terra non vale un peso nas aldeas.
 
 Denise é lista coma o demo. O meu asistento meteulle na cabeza o fin do mundo, pero o seu home parece que non lle dixo nada de que o mundo remata no 2.010. Debeo querer deixar fora do Ceo.
 
 Onte achegouse o carniceiro a miña casa. Púxose diante da cancela e non se atrevía a chamar. Chameino eu denda ventá da cociña:
 
 -¿Queres algo, rapaz?
 -Viñalle a ofrecer uns ovos de corral. Son de toda confianza.
 
 Baixei ó xardín a velos de cerca. Eran igualiños os que merco no Gadis: nin máis grandes nin máis pequenos.
 
 -¿Cánto pides pola ducia?
 -Cinco euros, duquesa. As miñas galiñas son de toda confianza.
 -¿Tes galiñas? Polas mañáns non oio ó galo.
 -Galo non teño. Os galos non poñen ovos e hai que mantelos.
 
 O carniceiro é un bo negociante. Só ten animais que dan producto. Merqueille unha ducia de ovos para comparalos cos que merco no supermercado.
 
 -¿Dixoche a túa dona que remata o mundo no 2.010?
 -Non, duquesa.
 -Pois andao decindo por ahí.
 -Ela di moitas cousas. Gaña os cartos falando.
 
 Moitos cartos debeu de gañar. Todas as miñas amigas saben co mundo remata no 2.010.
 
 -¿Cánto che cobrou Denise por decirche cando remata o mundo, Pepiño? -pregunteille o meu asistento.
 -Trinta euros, duquesa.
 -¡Carallo! Xa gaña ela máis cartos falando do fin do mundo, que gañei eu casando co duque de Monte Loureiro.
 -Debía disfrutar o tempo que queda, duquesa. ¿Por qué non fai unha viaxe?
 -Ti queres que gaste os aforros.
 -Don Uxío pode pagarlle unha viaxe a Cuba.
 -Pra bo sitio me mandas. ¿Queres que Fidel me meta no cárcere?
 
 Moi parva é algunha xente. O meu asistento mira pras pernas de Denise, abre a carteira, cre no fin do mundo e dime que viaxe a unha dictadura comunista. Sorte que eu teño sentidiño.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

LIBROS