LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 31 de marzo de 2015

Xardín de papel

Debuxo dragóns pequenos,
mesas cun home-dragón,
nunha silla pequeniña,
un neno azucre limón.

Deixo o xornal pintado
co café quente marrón
na taberna onde falan 
dos segredos do amor.

Sego debuxando soños
nas escaleiras que subo
poñéndolle dúas caras
aos mamíferos máis feros.

Collo montañas coa boca
polo outono dos castiñeiros
e voy facendo un xardín
a altura deste tempo.

-----------------

Xardín de papel

Pola rúa camiñando
vou buscando os xardíns
que poñen verde o cemento
e ledicia danme a min.

Sentome nunha solaina
diante da porta do Non,
un alto teito me fala
decindome outro non.

Máis adiante un espello
ponme nome sen querer:
a poeta que aínda soña
cando a primavera ven.

Deixome caer enteira
nun cachiño de papel.
Parece que xa estoy viva
no meu xardín de papel.

-------------------

martes, 17 de marzo de 2015

Verbas ceibes

Sintese dono do mundo
subido os seus zapatos,
é o tei dun bo negocio,
padriño de non sei cantos.

Non o tocan as tristuras
con desacougos que pesan
no peito coma o coitelo
que te mata co puña.

Ten muller, ten namorada.
Ten coche, ten casa grande.
Ten unha meniña loira.
Ten un pai con moitos cartos.

------------------

lunes, 16 de marzo de 2015

Celebracións de poeta

É un bo día para celebracións,
para unha festa,
para cumprir os gustos,
para adornar a vida.

Cubro a miña neve.
Deixo de cavilar.
Corro.

Non quero determe agora
no barullo dos pensamentos.

Fuxo.
Sintome entusiasmada sen saber
onde está a ledicia que non teño.

--------------------

sábado, 7 de marzo de 2015

As poesías de Yolanda Smith

1

Non me namoran as froles
nin os carballos dos montes,
non me sacan o sorriso
os toxos que contan contos.

No meu deserto só hai
silencio i moito enoxo
polo camiño onde ladra
o lobo cando eu soño.

Queren matarme os soños,
quitarme a miña lúa,
esa que sempre alumea
cando as estrelas morren.

Non deixarei o camiño
sen escribir nos balados:
eu son a pintora disto,
eu son a poeta tola.


2

Non me chega esta forza
para loitar cos meus dedos
nun teclado sempre alleo
porque os pobres nada temos.

Somos coma un burato
onde botas i non queda
o millo que tiraches
no hórreo de pao vello.

Tes que volver a prantar
graos poa túa leira
nos regos que ti abriches
coas mans facendo dentes.

Veña adiante, adiante sempre,
que xa sorríen os demos
pensando que es area
na terra onde naceches.

-------------------

miércoles, 4 de marzo de 2015

Poeta pantasma

Voume alonxando da que fun
e achegando a que son:
a poeta que fala pro falar
xogando coas verbas de sempre.

Son o lóstrego apagado
abaneando as follas
onde baduan as letras
que caen polos meus dedos.

Un burato fondo enchen
unha i outra i tantas
letras sen que a ninguén lle importe
este inferno, o meu inferno.

--------------------

jueves, 12 de febrero de 2015

Amor novo

Nos abrazamos marchando pola estrada
dunha tregua ao silencio escrito.
Imos polo mundo medrando
neste amor que sabe a chuvia.

Lonxe, voan os soños.
Preto, o vento vai tolo.

Corremos. Tocamos a utopía
nun bico que sabe a chicle.

Amor novo é o noso,
amor nacido antes de tempo,
amor para sacarnos da adolescencia,
amor que busca unha aperta,
amor nunha onda mística,
amor que ouvea sen acougar.

------------------

Poeta pantasma

Baixo de min i chego
o eu que pechan as chaves.
Aquí estou. Soa. Sempre soa.

Volo a enredar, cavilando,
sen querer falar por falar
neste falar só conmigo.

Estou descubrindo o camiño
noutro horizonte de silencio.
Sinto o frío doendome
nas mans que latexan
coas verbas que van adiviñando
os meus dedos cheos de espellos.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Poeta pantasma

Non teño fronteiras.
Son libre, moi libre
ceibando verbas ceibes
que alimentan o lume.

Xa non esmorrecen as lapas
nas miñas ruinas pequenas.
Xa non teño frío no meu frío.
Xa anto. Xa vivo. Xa estou.

Chego ó embarcadoiro rindo,
rexuvenecida, namorada.
volvo a camiñar entre toxos,
pisando as xestas cos pes
cheos das espiñas do camiño.

Son libre i pinto coas cores
do arco da vella as miñas
verbas ceibes sempre ceibes.

--------------------

Poeta pantasma

Estou sempre a pelexar,
guerreo, perdo, volvo a loitar.
Sigo pelexando, enfrentome a min...

Sinto medo. Vaise o medo.
Xa non me quita o sono
ese medo a destrucción
das follas que poden morrer
nun deserto devorado pola selva.

Brillarei. Erguereime dore min,
sobre os meus restos mornos.
Serei a máis fermosa das poetas
pintada polas miñas verbas.

------------------

miércoles, 21 de enero de 2015

Poemas do Nadal

O Nadal vai rematando,
os Reis xa se nos achegan,
o Neno aínda durme
no pesebre das angurias
con terror e impotencia.

Remexe o boi o millo,
a modiño vai roendo
coa costume que ten
de comer o que lle dan
Baltasar i os compañeiros.

Todo chega, todo acaba.
A Virxe reza i cala.
San Xoxé xa está durmindo.
Os Reis traen agasallos.

----------------------

Depresión

Corrixo os meus pensamentos.
Arquivo recordos. Non paso páxina.
Noto o frío. Moito, moito frío.
Non marcha a miña pena.

Teño a alma desfeita
cando lembro tanta dor
por ti, mamá, por ti sempre.

Non me deixo, non me deixas.
Fágome preguntas. Calo.
Xa non teño forzas neste camiño.
Estou cansa. Mamá. Estou cansa.

---------------------

viernes, 16 de enero de 2015

Depresión

Teño que esquecer, descansar,
deixar polo menos un día
libre do meu cavilar.

Teño que chegar a min,
a que teño moi dentro,
sen présa, pouco a pouco.

Teño que coñecerme ben
para quererme un chisco.

Gostaríame quererme
agora que non me estou
deixando querer.

Gostaríame meterme en min
coma unha peregrina
que fala sempre tola.

------------------

jueves, 8 de enero de 2015

Día de Reis 2015

Chegan os Reis de Oriente
coa súa experiencia
en deixar o que non queres
coma fan os forasteiros.

Fico na cama durmindo
os soños que non convidan
á realidade nunca
cando me chama o día.

Cunha chambra branca chega
Baltasar a miña beira
i con moita cremoña
toca o bombo cun matelo.

Cala, Baltasar, i vaite
que eu non son a bailarina
convidada as túas festas
para recoller propinas.

--------------------

miércoles, 7 de enero de 2015

Amando en verso

Quero deitar os teus soños
nos meus soños sen acougo,
achegarche o meu calor
ao teu frío esta noite.

Dime que aínda agardas
que en che abra outra pora
despois de que eu pechara
a cancela aos recordos.

Hoxe vai ser outro día
se ti aínda estás tolo
por esta que sempre voa
pola xanela dos contos.

------------------

Día de Reyes 2015

Baltasar va repartiendo
los regalos acordados:
para unas las muñecas,
para otros coches grandes.

Gaspar lleva en sus brazos
las pistolas a la casa
del hijo del Coronel
que quiere ser como el padre.

Melchor recorre las calles
tirando más caramelo
en las manos de los críos
que creen en los Tres Reyes.

-------------------

Día de Reyes 2015

Un bonequiño barato
chegou coma agasallo.
A nena colle o canciño
cun sorriso alargado.

Un canciño que non ladra
vai dentro da mesma caixa
para a casa dun neno
que a Baltasar agardaba.
O neno colle o xoguete
i chora porque non ladra.

Un xoguete chega á casa
dos xemelgos da Amparo
i os rapaces o rifan
nun eu quero e ti me sacas.
Os nenos recollen xuntos
os anacos do can bravo.

--------------------

lunes, 29 de diciembre de 2014

Un Nadal máis

Bo Nadal, só unha data,
inaugura un novo ano,
fainos pensar que florecen
a neve i as xiadas.

Ven a chuvía, caen lóstregos,
as pernas corren camiños,
vou ouvindo as paixoliñas
que na praza cantan tolos
os vellos da miña vila.

Na noite as badaladas
caen rompendo as copas.
Voy para onde me peta:
para a cama i ola a todos.

------------------



jueves, 4 de diciembre de 2014

Amando en verso

Era a outra e non sabía
que estaba a compartir 
o home pai dos seus fillos
coa amiga do café.

Ela seguía a falar,
a outra a escoitar,
o causante do pecado
calado facía máis.

Pasaron días e anos,
meses do inverno pasaron,
chegou o verán i ela
aínda era a enganada.

Un día colleu a porta
o que o seu anel levaba
i non voltou pola casa,
fogar dos seus desenganos.

-------------------

martes, 4 de noviembre de 2014

Morreu en Oleiros

Morreches en Oleiros e non podo
perdoar a morte asasina.
Tiñamos moitas cousas pendentes.
Tiña que ser a que ti crias.

Morreches, mamá, mamá querida
e nos sabes o que doe non terte
neste mundo sen ti baleiro.

Vou polas rúas levando
conmigo a miña pena
Sen ti eu nada me sinto.
Contigo non había pena.

-----------------------
15-10-2014

Poeta pantasma

Teño que erger as mans
da derrota que mas deixan
debaixo do chan que mata
os meus soños de poeta.

Sentome ao meu carón
pensando nas verbas ceibes
que van saíndo a poucos
pola rúa dos Desexos.

Eu quero volver a ser
a pantasma máis poeta,
unha muller que se ceiba
nos versos que nacen dentro.

Se que podo. Sí, eu podo
ser poesía se quero.
Serei as follas que move
o vento co seu alento.

--------------------


sábado, 18 de octubre de 2014

Poeta pantasma

Un día fun outra:
a muller sorriso.
Agora non teño
as risas tan vivas.

Vou polo camiño
da chuvía miuda
baixo da sombrilla
que tapa e molla.

Quixera volver
aos días dos soles,
estrear vestidos,
subir aos tacóns,
correr polas rúas,
ser a que eu fun.

------------------

viernes, 17 de octubre de 2014

Poeta pantasma

Teño o norte perdido
nesta miña confusión.
Non sei se saír da casa
ou non saír deste non.

Uns días sumanse aos outros,
un mes vai detrás do outro,
un ano está rematando...

A tristura non me deixa
nin de día nin de noite.
Son a muller do outono
que non ten folgos dabondo.

Estou cansa, moi moi cansa
de loitar na miña loita.
Xa non sei se estoy loitando
ou xa caín de xeonllos.

--------------------

lunes, 29 de septiembre de 2014

Morreu en Oleiros

Morrías i eu non supen
que apagabas o alento
nunha noite sen lúa.

Morreches i eu non supen
chorar o que cría chorar
para non decirche adeús...

Mamá...

Non sabes o que does...

Mamá...

Non sabes o que peno...

----------------

Calando...

Calei.
Calaches.
O silencio reinou
no Reino da Nada.
Calamos.
Seguimos calados
aínda hoxe cando
o silencio fala.
Di tanto...
Di tanto de nós...

------------------

LIBROS