1
Non me namoran as froles
nin os carballos dos montes,
non me sacan o sorriso
os toxos que contan contos.
No meu deserto só hai
silencio i moito enoxo
polo camiño onde ladra
o lobo cando eu soño.
Queren matarme os soños,
quitarme a miña lúa,
esa que sempre alumea
cando as estrelas morren.
Non deixarei o camiño
sen escribir nos balados:
eu son a pintora disto,
eu son a poeta tola.
2
Non me chega esta forza
para loitar cos meus dedos
nun teclado sempre alleo
porque os pobres nada temos.
Somos coma un burato
onde botas i non queda
o millo que tiraches
no hórreo de pao vello.
Tes que volver a prantar
graos poa túa leira
nos regos que ti abriches
coas mans facendo dentes.
Veña adiante, adiante sempre,
que xa sorríen os demos
pensando que es area
na terra onde naceches.
-------------------