Voume alonxando da que fun
e achegando a que son:
a poeta que fala pro falar
xogando coas verbas de sempre.
Son o lóstrego apagado
abaneando as follas
onde baduan as letras
que caen polos meus dedos.
Un burato fondo enchen
unha i outra i tantas
letras sen que a ninguén lle importe
este inferno, o meu inferno.
--------------------