LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 18 de noviembre de 2006

A penitencia da Sabela

Ser crego non é un traballo doado. Os pecados que che contan son moitos. algúns non quiseras sabelos.
Don Manuel sentase no confesionario e vai confesando. Hoxe son todas mulleres. Don Manuel bota a cabeza fora para mirar si se achega a muller que non quere confesar. O demo tentao a fuxir do confesionario. Aguanta a tentación perdoando pecados e impoñendo penitencias de avemarías. Don Manuel sempre manda rezarlle a Virxen. As mulleres perdoan máis.
-Ave María purísima.
-Sin pecado concebido.
¡Alí a ten!
Don Manuel tapa as orrellas cas mans pero ainda así oube a confesión da muller.
-No puedo perdonarlo, padre. ¿No dijo Cristo que para perdonar el pecador tenía que arrpentirse? Mi marido no se arrepiente. Aunque Dios lo envíe al infierno el día del Juicio Final él está decidido a seguir siendome infiel.
Don Manuel deixaa falar. Xa lle dixo outras veces que tiña unha crus coma o Señor. ¿Qué lle vai decir?
Ela di todo. Pidelle a anulación. Ten dez fillos que precisan dun pai. ¿O do Ceo? Non, un pai home que sustitua o biolóxico. ¿Marchou ca outra? Ainda non pero está a marchar. Xa levou os ordenadores. Agora os nenos toleanna porque non teñen messenger na casa. ¿Qué é o messenger? Unha cousa da Internet. Alí coñeceu o ainda esposo a outra. din que é unha rapaza rusa que vive en Murcia. Só o quere polos cartos. ¿Qué penitencia me pon?
-Ninguha, filla, xa tes dabondo.
-Algo teño que rezar, padre.
-Reza o rosario.
-¿Cántos?
¡Jesús! Don Manuel ergese e sae do confesionario.
A muller corre detrás del.
-¿Cántos rosarios teño que rezar, don Manuel?
Unha nena sentada no primeiro banco da igrexa dille a nai ca Sabela debe ter moitos pecados porque o crego púxolle de penitencia unah chea de rosarios.

LIBROS