lunes, 20 de noviembre de 2006
O amor de Hércules
Hércules voltou hoxe
dixome que era o mesmo
bañou a praia de bágoas
cando non quisen crelo.
Di que pasaron milenio
non contei anos valeiros
séculos borrei con esperas
xa non cria coas penas.
Di que son quen entón era
paseo de espello a espello
e non vexo a que era
só unha pantasma vexo.
Hércules voltou axiña
subido nunha bolboreta
dixome que viña cedo
eu creo que veu de cerca.