Cando fala de casar
eu boto as mans no lume.
Menos queiman estas lapas
ca voda de esa tola.
Xa a estou vendo vestida
de princesita moi nova
cunha cola que lle chega
da Coruña ata esta porta.
Non sei que será do home
que a leve cunha dote
de xenio que nos acouga
nin de día nin de noite.
Máis peniña dame a sogra
porque será mala nora
esta nena que non cala
o que bota para fora.
------------------