1
Ven a noite e a cadela
oubea como unha tola
polo can que no palleiro
durme pensando en outra.
A cadeliña xa pena
sendo cadeliña nova.
O can do palleiro está
xogando coma un home.
Chega o día, morre a noite.
Canta o galo e aínda durme
o can polo que a cadela
quere facerse outra moza.
Ten que ser máis presumida
di ollando a súa sombra
na eira cando o sol
faille un espello cos toxos.
2
Brinca alto a cadeliña
máis baixo brinca a outra,
o can oubea moi ledo
por ter para el as dúas.
Son dúas mozas ben guapas
para o día e para a noite.
Unha é moi señorita,
a outra é moi señora.
Brinca o can no palleiro
diante das namoradas tolas
polos osos que amosa
facendo circo na corte
onde unha vaca berra
i o boi xa está morto.
------------------