Ninguén comprende
que me distraian
os segredos amigos
das horas mortas.
Acadei o éxito.
Veu o fracaso.
Dun xeito ou outro
ficou o fracaso.
Despexouse o ceo.
Volveron as nubes.
Máis segredos chegaron.
Fun quedando soa.
POESÍA E RELATOS EN LINGUA GALEGA