Non me deixas nin esquences
á que che xurou quererte
dende o día da voda
ao teu día derradeiro.
Vas dun porto a outro porto
con dous nomes na cabeza
desfacendo margaridas
en "te quiero y no te quiero".
Eu non quero viaxeiros
de "me voy y vuelvo luego"
tras bicar por compromiso
á que ten anel no dedo.
Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.