Amar co corazón é escribir isto
neste idioma que sinto dentro
e ti pelexas
para entender
nos meus poemas
sabendo que latexas nestes versos.
Nunca pensei ser eu a que escribira
as verbas nas que ti voltas á vida.
Nunca pensei pintar de cores
paredes brancamente infinitas.
Nunca pensei nun anxo agarrado
a unha man que debulla poesía.
Nunca pensei tantas cousas, amor,
tantas, tantísimas.
Enviado desde Correo Yahoo!
La bandeja de entrada más inteligente.