LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

martes, 27 de febrero de 2007

O novo secretario

Pasar de botóns a director dun hotel é cousa que só ocorre en América. Alí as cousas son distintas. Tes un soño e trocase en soño americano posible.

No hotel Monte Furado os botóns retiranse de botóns coa chaqueta bermella. Por iso ninguén cre co Antonio será o seguinte secretario de don Arsenio. É a broma do día dos Santos Inocentes. Unha broma é unha broma, pero con don Arsenio, un home moi serio, hai que ter coidado. Por menos mandate ó paro. Os camareiros van pasandose a nova caladiñamente.

-Antonio, ¿es cierto que don Arsenio te va a nombrar secretario? -preguntalle o cociñeiro.
-Ni hablar, amigo mío. Dicen que Benito se jubila, pero hay otras personas más preparadas que yo para ocupar el puesto, tú entre ellos.

O cociñeiro volta á cociña convencido de que andan a gastar unha broma.

O botóns Antonio abrelle a porta a don Arsenio, felicitao pola súa xestión, preguntalle pola familia, bota unha bágoa ben sentida polo sarampión da neta, aconsellalle un remedio de mediciña natural, alaba o traxe que puxo hoxe, ofrecese para limparlle os zapatos porque no é que os leve sucios pero ben se sabe que unha bayetiña quita os lixos da rúa,...

Un mes despois o botóns Antonio entra no hotel levandolle o maletín dos documentos a don Arsenio. É o novo secretario do dono do hotel Monte Furado.

LIBROS