As novas sempre chegan a todolos lados. Van de boca en boca nun "disque din..." Así soubo a filla de Marbella ca nai compartía casa e vida cun home. "¡Os sus anos!" "Hai que ir a Madrid, mamá", decía a neta máis nova.
A filla de Marbella era unha muller con moita vida social. Achegosuse a un despacho de avodagos a consultar o tema da herdanza. Todolos letrados dixeronlle que estivera tranquila. A vella non podía deixarlle nada o novo amor. A filla, máis tranquila, seguiu de festa en festa do brazo do seu home, un constructor de urbanizacións con campos de golf.
A seguinte nova que chegou os seus oídos era moito mási inquetante. A nai, os seus anos, vivía con unha muller. "Xa che dixen eu ca avóa non estaba ben", dixo a neta máis nova. A filla chamou ó irmán que vivía en Tenerife. Contoulle ca nai saíra do armario e non había nada que facer. A filla consoluse pensando ca herdanza non corría peligro. Voltou as festas marbellís do brazo do marido constructor.
A seguinte nova tardou cinco anos en chegar. A nai morrera. Foron a Madrid no jet privado do constructor. Demasiado tarde. O enterro había sido facía un mes. A filla quiso chorar, pero lembrouse da herdanza e contuvo as bágoas atá co notario leu o testamento. Tanto a ela coma o irmán só lles quedaba a lexítima. A herdeira universal era a muller noiva, viuva, parella de feito,... "Xa che dixen eu ca avoa non estaba ben" dixolle outra vez a neta máis nova. A filla desherdada pensou que ela tampocuo estaba ben. Mirando á herdeira universal sentía unha atracción fatal, non pola muller sesentona vestida de Chanel, senon polos cartos que gañara sacando do armario a unha vella de oitenta anos.
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com