LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

viernes, 15 de diciembre de 2006

A tenda nova

 A nova tenda ten de todo menos clientes. Abre ás nove cando aínda corren os nenos pro colexio, ás dúas pecha, volve a abrir ás catro e aguanta atá ás oito. Día tras día.
 
 O xénero é bó pero ninguén se interesa por ningún dos productos que enchen estanterías e anaqueles.
 
 Detrás do mostrador hai unha rapaza que vai perdendo o sorriso polo fracaso. Os costes fixos son os que abren a porta. Aguantará o Nadal.
 
 A rapaza santigüase cando entra. Rezou catro padrenuestros seguidos o día que vendeu unha bufanda, a súa primeira venta. Onte xa non rezou. ¿Pra qué?
 
 -¿Por qué no vendes nada? -preguntalle unha señora desas de profesión metomentodo-. Mira la tienda de Tere. Está siempre llena de gente. ¿Cuánto valen estos guantes?
 -Cinco euros.
 -Eres muy carera.
 
 A señora foi directa a Tenda da Tere. Chegou berrando ca nova vendía os guantes de lan a cinco euros. Tere berrou pros de dentro e pros de fora que ela vendía guantes a tres euros o par.
 
 O día de Noiteboa había xente pra todos. A tenda nova enchese de clientes por primeira vez.
 
 -¿Han ido ustedes a comprarle a esa paleta de la aldea? -pregunta a Tere.
 
 Os clientes da Tere son xente moi fina. Non sabían ca nova era paleta pero ágora so saben. Achéganse a tenda nova.
 
 -Vendes muy caro. Tere ya ha puesto rebajas.
 -¿De qué aldea eres?
 -¿Dónde vives?
 -Si no bajas los precios no vas a vender nada. Me voy, ¡Dios mío!, ¡qué tarde es!
 
 A tenda nova volve a vaciarse de clientes.
 
 Chegou o fin de ano co fin dos aforros da rapaza da tenda nova. Botou ás contas e no quiso crer pero era certo. Non tiña cartos.
 
 Arrastrou os pés cara a casa. A medio camiño detuvose nun supermercado. Mercou unha barra de pan máis un paquete de arros. Na cola da caixa os carros botaban por fora. Champáns, turróns, melindres, marisco, cordeiro,... Moitos pagaban con tarxeta de banco.
 
 A rapaza pagou con moedas.
 
 Chegou a casa, coceu o arros, cortou o pan e sentouse a sua mesa de fin de ano.
 
 Cando chegou o ano novo cas doce marteladas televisadas, a rapaza durmía. Despertou co estoupido dun fogete.
 
 Era noite pechada, tan pechada coma súa tenda fracasada, tan pechada coma o futuro maldito, tan pechada coma todalas portas que lle pecharon.
 
 A rapaza chorou outra vez por todo e por nada ata co sono volveu a secarlle as bágoas.



LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com

LIBROS