LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

jueves, 12 de febrero de 2015

Amor novo

Nos abrazamos marchando pola estrada
dunha tregua ao silencio escrito.
Imos polo mundo medrando
neste amor que sabe a chuvia.

Lonxe, voan os soños.
Preto, o vento vai tolo.

Corremos. Tocamos a utopía
nun bico que sabe a chicle.

Amor novo é o noso,
amor nacido antes de tempo,
amor para sacarnos da adolescencia,
amor que busca unha aperta,
amor nunha onda mística,
amor que ouvea sen acougar.

------------------

Poeta pantasma

Baixo de min i chego
o eu que pechan as chaves.
Aquí estou. Soa. Sempre soa.

Volo a enredar, cavilando,
sen querer falar por falar
neste falar só conmigo.

Estou descubrindo o camiño
noutro horizonte de silencio.
Sinto o frío doendome
nas mans que latexan
coas verbas que van adiviñando
os meus dedos cheos de espellos.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Poeta pantasma

Non teño fronteiras.
Son libre, moi libre
ceibando verbas ceibes
que alimentan o lume.

Xa non esmorrecen as lapas
nas miñas ruinas pequenas.
Xa non teño frío no meu frío.
Xa anto. Xa vivo. Xa estou.

Chego ó embarcadoiro rindo,
rexuvenecida, namorada.
volvo a camiñar entre toxos,
pisando as xestas cos pes
cheos das espiñas do camiño.

Son libre i pinto coas cores
do arco da vella as miñas
verbas ceibes sempre ceibes.

--------------------

Poeta pantasma

Estou sempre a pelexar,
guerreo, perdo, volvo a loitar.
Sigo pelexando, enfrentome a min...

Sinto medo. Vaise o medo.
Xa non me quita o sono
ese medo a destrucción
das follas que poden morrer
nun deserto devorado pola selva.

Brillarei. Erguereime dore min,
sobre os meus restos mornos.
Serei a máis fermosa das poetas
pintada polas miñas verbas.

------------------

miércoles, 21 de enero de 2015

Poemas do Nadal

O Nadal vai rematando,
os Reis xa se nos achegan,
o Neno aínda durme
no pesebre das angurias
con terror e impotencia.

Remexe o boi o millo,
a modiño vai roendo
coa costume que ten
de comer o que lle dan
Baltasar i os compañeiros.

Todo chega, todo acaba.
A Virxe reza i cala.
San Xoxé xa está durmindo.
Os Reis traen agasallos.

----------------------

Depresión

Corrixo os meus pensamentos.
Arquivo recordos. Non paso páxina.
Noto o frío. Moito, moito frío.
Non marcha a miña pena.

Teño a alma desfeita
cando lembro tanta dor
por ti, mamá, por ti sempre.

Non me deixo, non me deixas.
Fágome preguntas. Calo.
Xa non teño forzas neste camiño.
Estou cansa. Mamá. Estou cansa.

---------------------

viernes, 16 de enero de 2015

Depresión

Teño que esquecer, descansar,
deixar polo menos un día
libre do meu cavilar.

Teño que chegar a min,
a que teño moi dentro,
sen présa, pouco a pouco.

Teño que coñecerme ben
para quererme un chisco.

Gostaríame quererme
agora que non me estou
deixando querer.

Gostaríame meterme en min
coma unha peregrina
que fala sempre tola.

------------------

jueves, 8 de enero de 2015

Día de Reis 2015

Chegan os Reis de Oriente
coa súa experiencia
en deixar o que non queres
coma fan os forasteiros.

Fico na cama durmindo
os soños que non convidan
á realidade nunca
cando me chama o día.

Cunha chambra branca chega
Baltasar a miña beira
i con moita cremoña
toca o bombo cun matelo.

Cala, Baltasar, i vaite
que eu non son a bailarina
convidada as túas festas
para recoller propinas.

--------------------

miércoles, 7 de enero de 2015

Amando en verso

Quero deitar os teus soños
nos meus soños sen acougo,
achegarche o meu calor
ao teu frío esta noite.

Dime que aínda agardas
que en che abra outra pora
despois de que eu pechara
a cancela aos recordos.

Hoxe vai ser outro día
se ti aínda estás tolo
por esta que sempre voa
pola xanela dos contos.

------------------

Día de Reyes 2015

Baltasar va repartiendo
los regalos acordados:
para unas las muñecas,
para otros coches grandes.

Gaspar lleva en sus brazos
las pistolas a la casa
del hijo del Coronel
que quiere ser como el padre.

Melchor recorre las calles
tirando más caramelo
en las manos de los críos
que creen en los Tres Reyes.

-------------------

Día de Reyes 2015

Un bonequiño barato
chegou coma agasallo.
A nena colle o canciño
cun sorriso alargado.

Un canciño que non ladra
vai dentro da mesma caixa
para a casa dun neno
que a Baltasar agardaba.
O neno colle o xoguete
i chora porque non ladra.

Un xoguete chega á casa
dos xemelgos da Amparo
i os rapaces o rifan
nun eu quero e ti me sacas.
Os nenos recollen xuntos
os anacos do can bravo.

--------------------

lunes, 29 de diciembre de 2014

Un Nadal máis

Bo Nadal, só unha data,
inaugura un novo ano,
fainos pensar que florecen
a neve i as xiadas.

Ven a chuvía, caen lóstregos,
as pernas corren camiños,
vou ouvindo as paixoliñas
que na praza cantan tolos
os vellos da miña vila.

Na noite as badaladas
caen rompendo as copas.
Voy para onde me peta:
para a cama i ola a todos.

------------------



jueves, 4 de diciembre de 2014

Amando en verso

Era a outra e non sabía
que estaba a compartir 
o home pai dos seus fillos
coa amiga do café.

Ela seguía a falar,
a outra a escoitar,
o causante do pecado
calado facía máis.

Pasaron días e anos,
meses do inverno pasaron,
chegou o verán i ela
aínda era a enganada.

Un día colleu a porta
o que o seu anel levaba
i non voltou pola casa,
fogar dos seus desenganos.

-------------------

martes, 4 de noviembre de 2014

Morreu en Oleiros

Morreches en Oleiros e non podo
perdoar a morte asasina.
Tiñamos moitas cousas pendentes.
Tiña que ser a que ti crias.

Morreches, mamá, mamá querida
e nos sabes o que doe non terte
neste mundo sen ti baleiro.

Vou polas rúas levando
conmigo a miña pena
Sen ti eu nada me sinto.
Contigo non había pena.

-----------------------
15-10-2014

Poeta pantasma

Teño que erger as mans
da derrota que mas deixan
debaixo do chan que mata
os meus soños de poeta.

Sentome ao meu carón
pensando nas verbas ceibes
que van saíndo a poucos
pola rúa dos Desexos.

Eu quero volver a ser
a pantasma máis poeta,
unha muller que se ceiba
nos versos que nacen dentro.

Se que podo. Sí, eu podo
ser poesía se quero.
Serei as follas que move
o vento co seu alento.

--------------------


sábado, 18 de octubre de 2014

Poeta pantasma

Un día fun outra:
a muller sorriso.
Agora non teño
as risas tan vivas.

Vou polo camiño
da chuvía miuda
baixo da sombrilla
que tapa e molla.

Quixera volver
aos días dos soles,
estrear vestidos,
subir aos tacóns,
correr polas rúas,
ser a que eu fun.

------------------

viernes, 17 de octubre de 2014

Poeta pantasma

Teño o norte perdido
nesta miña confusión.
Non sei se saír da casa
ou non saír deste non.

Uns días sumanse aos outros,
un mes vai detrás do outro,
un ano está rematando...

A tristura non me deixa
nin de día nin de noite.
Son a muller do outono
que non ten folgos dabondo.

Estou cansa, moi moi cansa
de loitar na miña loita.
Xa non sei se estoy loitando
ou xa caín de xeonllos.

--------------------

lunes, 29 de septiembre de 2014

Morreu en Oleiros

Morrías i eu non supen
que apagabas o alento
nunha noite sen lúa.

Morreches i eu non supen
chorar o que cría chorar
para non decirche adeús...

Mamá...

Non sabes o que does...

Mamá...

Non sabes o que peno...

----------------

Calando...

Calei.
Calaches.
O silencio reinou
no Reino da Nada.
Calamos.
Seguimos calados
aínda hoxe cando
o silencio fala.
Di tanto...
Di tanto de nós...

------------------

domingo, 17 de agosto de 2014

Muller ceibe

Mañán pode ser o día
do sí a unha nova vida.
Tamén pode ser o día
do non de todos os días.
Teño fe i non o creo.
Aínda soño desperta.
 
http://dinero-beruby.blogspot.com/

jueves, 14 de agosto de 2014

Dúbidas

A loita mata a miña loita
porque estou cansa de loitar
un día máis outro i o que ven.
 
Non sei se deixarme asoballar
ou seguir andando de pé.
 
As dúbidas. As certezas.
O non saber o que sei.
I sego. I loito. E vou.
 
--------------------
 
 
http://tarotgalicia.blogspot.com/

viernes, 8 de agosto de 2014

Son o non quero que quere

Non quero escribir o que escribo.
Non quero falar o que che digo.
Non quero calar o que non calo.
Non quero berrar cando é día.
Son o non quero que quere
coller a agulla co fío.
 
--------------------
GRAZAS POLO CLICK
EN http://adf.ly/ostxj 

domingo, 3 de agosto de 2014

Verbas ceibes

Non cho digo, non cho conto,
non te quero asustar,
non podo decirche nada,
contarcho ancho contar.
Mentras teño caladiño
o conto que eu hei calar.
Non preguntes, cala, cala.
En non cho quero contar.
 
--------------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/

martes, 22 de julio de 2014

Morreu en Oleiros

Teñen que saber que exitiches
i por iso ceibo verbas ceibes
para berrar que finaches en Oleiros
cando eu loitaba a túa beira.
 
Morreches por pobre
Matáronte por pobre
 
As batas asasinas matáronte
i eu morrín naquela que fora
para saír do burato con este lume.
 
Caeches soa
Quedei soa
 
I soa sego escribindo os poemas
que non podo decirche a ti, mamá,
e que guindo dende o meu deserto.
 
----------------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/
 
 

viernes, 4 de julio de 2014

Amando en verso

Estaba soa falando
mentras ti non escoitabas
as verbas que me saían
dun corazón aillado.
 
Ti estabas a pensar
na outra que xa deixaras
coma o home atado
á outra pata da cama.
 
Fun fuxindo eu tambén
i fiquei en unha nada.
Contigo estaba soa.
Sen ti máis soa estaba.
 
-------------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/

LIBROS