Hoxe falei cun home da Idade Media
e disenlle que non o coñecía
para non dar máis señas
e chegar a rifar
nun problema de xénero.
Era o macho da tribu
onde as mulleres calan
e cando falan din
o que di o seu macho.
Non, non te coñezo
nin quero atoparte
no meu camiño ceibe.
Alonxate, rapaz,
non te quero no camiño
onde hai unha muller ceibe.