Hai nenos que calan
na nenez doente
de guerras na casa
e lume na eira.
Son nenos cos ollos abertos,
nenos sen Reis de Oriente,
nenos que xogan co medo.
Son nenos.
Hai nenos que medran
sentindo o medo na porta
cando as chaves poñen hora
as noites de rifas dun tolo.
Son nenos i nenas da nenez
escrita nun conto
no que a princesa
non come perdices.
--------------