LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

domingo, 29 de septiembre de 2019

A miña leira

​Herba medrando
verde moi verde
O salgueiro tamén resucita
coa primavera a gargalladas.
Vexo unha lagartixa
Vaite, vaite, non te quero
Vexo un ceo de verán
Vente, vente á miña leira
Vexo unha volvoreta
Vente, vente á miña leira
Vente cas ás brincadeiras
Vexo a tardiña quente
Vente calor que me quentas.

-----------------

A miña leira

​Cantaban os grilos
na verde herba.
Baixou un paxariño
á verde herba.
Caeu unha pingueira
na verde herba.
Choveu ríos enteiros
na verde herba.
Os pés buscaron sitio
na verde herba.
As mans colleron
a verde herba.
O mundo enteiro era
verde herba da miña leira.
Un mundo infinito,
verde, moi verde.

-----------------

miércoles, 22 de mayo de 2019

Verbas ceibes

Din que hai Deus i está
na igrexa ben doente
nunha cruz que chora drama
(Eu case creoche o conto)

O fillo de Deus semellase
a todolos homes mortos
nas guerras deste mundo.

Achégome a bicalo
no pao que ten de corpo.
¡Qué pequeniña me sinto!
(Lémbrome da miña Fe
cando creía no conto
e case quero ser a nena
que nel tiña tanta Fe)

------------------

sábado, 11 de mayo de 2019

Yolanda Smith

​Son parte da sociedade urbana,
unha personaxe de cidade,
a muller que durme pouco,
traballa moito, frustrase.

Máis sombras que luz
na miña vida moza
chea de soidades exteriores.
Dentro... hai moito.

Vivo nun non vivir vivindo
con moitas dúbidas vivas.
¡Menos mal que soño!

------------------

sábado, 9 de marzo de 2019

A miña leira

​Soño
con outra leira.
Máis herba
Máis terra
As froles sorrindo
Unha abella
Bolboretas
Moitas bolboretas
Soñome cortando a herba
da nova leira,
da miña leira.
Terriña miña, 
¡cánto eu che quero!

------------------


sábado, 2 de marzo de 2019

Muller

​Sen ton nin son
Así vou
A poucos, a moitos,
sentindo, con frío,
máis quente, axiña
Así vou
Máis roupa, menos
As botas, outras
Un bolso cheo
Así vou

------------------


Muller


Enchinme de min
e saín laiante
¡Cánta dor eu tiña!
Esquecinme de min
Xa non sentín nada
Estaba nos teatros
alleos da casa
coidando, falando,
con folgos dabondo.

-----------------------


martes, 19 de febrero de 2019

A modernidade en Vilademos

​ O vello Xan estase modernizando. Mercou un patinete eléctrico para os seus desplazamentos pola aldea. A súa dona non está pola modernidade.

 -Ágora vas máis á taberna, Xanciño. Onte viñas bébedo i antonte tamén andabas sobrado de chupitos.
 -Estou aforrando cartos, muller. ¿Ti sabes o que gastaba coa moto?

 Xan limpa o patinete cun pano de trapo. ¡Qué bonito é! Xan aínda non lle dixo a súa dona que é un agasallo do alcalde. Doullo por i a votar.

 -Eu no vendo o meu voto -dixolle Xan.
 -So sei, Xan, so sei, pero douche o patinete igual. Doucho por traballador.

 Traballador era. Xan seguía traballando as leiras coma un rapaz. Rematou de limpar o patinete. Mañán iría no patinete a leira do Fondón. O patinete corría ben polas corredoiras.

-------------------------



viernes, 1 de febrero de 2019

Amores

​Tantos non
Tantos quero
Poucos teño
alguns hai
(Matemáticas)
¡Cánto fan!
Veña números
Sumo e resto
Xa divido
Multiplico
(Matemáticas)
¡Cánto fan!

--------------


miércoles, 9 de enero de 2019

Raíña

​1

Xa estou na Idade media
soño cando estou soñando
cun castelo onde viven
o meu corpo i os cartos.

Son Raíña do castelo
sen Rei preto namorado,
unha muller soa e ceibe
da que fuxen os cabalos.

Os cabaleiros só ollan
dende lonxe abraiados
porque unha muller soa
pode vivir ben calada.

Non saben ca poesía
sae quente e alumenado
as pedras do meu castelo
sempre ergido con traballo.



2

Decíasme a Raíña,
chamabame a Raíña.
A túa Taíña fun.
A Raínña del tamén.

Para ti era a nena
que xogaba con bonecas
soñando, sempre soñando,
alturas antes de telas.

Para él era a moza
anónima nos seus versos,
a que enchía os días
con poemas cor vermella.

------------------------


LIBROS