Son a moza vestida de rosa,
son a moza de branco vestida,
son a moza que non quere home,
son a moza que sega i ríe.
Mar adentro son a mesma
que no peirao habita
cos lóstregos alumenado
cando a treboada brica.
Unha estrela hai no ceo,
na terra hai estreliñas:
son as luces que acenden
ao pasar a princesita.