Chegou contigo a brétema,
marchou contigo a chuvia.
Un chisco de sol abriu
o teu sorriso na noite.
Escoitei aos paxariños
que trouxo a túa chegada
a unha eira sen carros,
vendidos para pagarche
tanta ledicia festeira
que xa ía rematando.
Quedei recollendo anacos
das noites que foron farras
i soñei que había soñado
soños de nena rapaza.
---------------------