Enchín a casa de homes
nunha festa de diamantes
para atoparlle mozo
a unha amiga mal casada.
Un era un bo carpinteiro,
outro era un avogado,
había cinco ou seis médicos,
estaba un enchepratos.
A miña amiga xuntaba
unha leria cunha nada
i eu falaba i falaba
co meu home avogado.
Acabou a festa as doce
e xa estaba namorada
do mellor home de pleitos
que había na bisbarra.
------------------