Ao final non estabas,
ao principio tampouco,
hai unhas semanas
eras compañeiro
da que foi a outra.
Representas para min
un amor de ida e volta:
unha realidade uns días,
unha irrealidade outros.
Agora estás aquí,
mañán preto doutra moza,
pasado gañas un novo
corazón que pide axuda.
--------------------