Lume por aquí e acola,
lume por todo,
mares de lapas
quiemando os corpos.
Os nosos corpos:
o teu ardendo,
o meu máis morno.
Unha lapa prendenos na lúa
co mel na boca,
volve a baixar,
fica na roupa.
Os nosos corpos:
o meu ardendo,
o teu máis morno.
Encadeote a min
cunha lapa que me atopa.
Morramos xuntos de pracer
Axiña, moi axiña,
¡xa!, hoxe.