Os zapatos eran como calquera outros pero baratos. Estaban debaixo dun letgreiro que poñía rebaixas en grandes letras vermellas. Cento vinte euros. O Uxío pareceronlle unha ganga e mercounos.
-Fun ás rebaixas -dixolle á nai o chegar á casa.
-¿E qué mercaches, meu neno?
O Uxío amosoulle os zapatos novos. Tanto lle gostaron que xa os traía postos.
-Parecen de pel.
-Iso dixome a tendeira.
-¿Canto che costaron?
-Poucos cartos.
O Uxío entregoulle á nai o soldo como facía todolos meses. Ela aforraballe os cartos para o coche e maila autoescola. A nai botou as contas. Faltaban cento vinte euros.
-Meu neno, ¿a qué rebaixas fuches ti?
-As do Corte Inglés.
-Pois coma vaias máis días vas a traballar pro inglés. ¡Cento vinte euros por un par de zapatos que non valen nin trinta!
O Uxío cavilou toda a noite nos zapatos. Se eran de pel Ben valían os cartos.
Unha semán despois chegou con outro paquete á casa. A nai botou as mans á cabeza. ¡Alí ían tirados os cartos das horas extraordinarias!
-Traoche un agasallo, mamá.
-¿Das rebaixas?
O Uxío sacou da bolsa un cinto máis unha carteiriña pras moedas.
-Por cento vinte euros estrenei uns zapatos que reciclei nun cinto e nesta carteiriña pra ti.
Pola noite a nai dixolle o pai que tiñan un fillo capitalista. Os zapatos das rebaixas foran unha boa inversión.
LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
http://es.voice.yahoo.com