LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 30 de enero de 2008

Gaivota mariñeira

Ninguén foi
pero alguén foi
o que tirou a matar
ferindote no crer
a túa boca calar.
 
Non cales,
gaivota miña,
non deixes o teu piar.
 
Ninguén foi
pero quixeron
a túa boca calar.



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 29 de enero de 2008

Gaivota mariñeira

Abraiada quedei
o saber que era eu
a gaivota ruin.
 
Eu era a que piaba
nas beirarúas
unha cantiga
que non gostaba aos señoritos.
 
Eu era a convidada
sempre de máis
nas mesas ricas
cun vestido sen moda
e un peiteado ao meu estilo.
 
Agora son un adeus
con pernas cara a porta
do deica nunca, amigos,
ista gaivota voa.



¿Con Mascota por primera vez? - Sé un mejor Amigo
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 22 de enero de 2008

Gaivota mariñeira

Hoxe as miñas mans
son mans túas
o meu cabelo ó vento
é o manto que te cubre
agarimando o teu corpo
tan ferido
tan doente
tan canso
¡tan meu!
Porque eu máis ti
somos só unha,
gaivota miña,
poeta túa,
eu son o alento ceibe
que te erge de min,
gaivota miña,
ti, o meu espello
neste mar de bágoas
que non choro.



Web Revelación Yahoo! 2007:
Premio Favorita del Público - ¡Vota tu preferida!

lunes, 21 de enero de 2008

Trovadora de min, trovadora de outros

A soidade bica
os meus minutos
facendoos séculos
nun só segundo.
 
Vaite, soidade,
alonxate.
Deixame.
Fuxe.
 
Eu non quero bicos
do silencio imposto.
Non, nos quero.
Non, nos busco.



Web Revelación Yahoo! 2007:
Premio Favorita del Público - ¡Vota tu preferida!

miércoles, 9 de enero de 2008

Nadal 2007, 2

Soñei que nacía o Neno
nun portal do Corte Inglés
e alí fun un domingo
para adoralo eu tamén.

¿En qué puedo ayudarla?
preguntoume unha muller
con traxe de empregada
de "yo la ayudo a usted".

Axudeme a chegar a Deus,
dixenlle baixiño eu
para que non me oíran
os que non crian en Él.

Aquí tiene al Niño Dios
en el portal de Belén.
Con luces vale cien euros,
sin luces los mismos cien.

O Meniño daba pena
cun prezo colgado ó pé
i a Virxen tiña cara
de dor por todo o que ve.

¡Cántas bolsas vía a Virxen!
¡Canto derroche vin eu!
Alí o que non gastaba
era por euros non ter.

A casa pola ventá,
a ventá rachando a Visa,
a Visa sudando cartos,
os cartos ían fundidos.

O Deus que alí adoraban
era o din caballero,
o poderoso don Carto,
o demo tentacarteiras.

Fuxín cando xa sentía
a tentación na carteira
salvada pola ollada
do Neno atado ó prezo.

sábado, 29 de diciembre de 2007

Pisando forte

Fuxiches, amor,
como fuxiron
os que me amaron
ata o delirio.
 
Todos bicaron
a poesía
e alarmaronse
coa prosa escrita.
 
Fuxiches ó saber
que teño prosa.
 
¡Meu probe!
 
Eu son verso e prosa,
un rego que non rima,
unha rima que chora,
un choro sen un pano,
un pano nunca enxoito.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 10 de diciembre de 2007

Nadal 2007, 1

Todos van tras a estrela
que atopan i eu non atopo.

¿Onde está isa estrela?
¿Onde o corpo esconde?

Corro tras os que me adiantan
e chego diante de todos.
Alí está o Meniño
espido de todo luxo.

Eu fico ollando o Neno,
os outros camiños corren
mercando en cada tenda
anacos de Noiteboa.

Eu xa non merco anacos
envoltos en papel ouro.

Eu xa non quero consumos.

Eu xa non quero máis luxos.

viernes, 7 de diciembre de 2007

Pisando forte

Vou pisando forte
todos os infernos.
Para atrás hai nada,
para adiante hai menos.
 
Pero eu cara adiante,
cara adiante sempre,
vou pisando forte
co alento quente.
 
Que Deus non me diga
o que eu non quero
nin faga promesas
nas que xa non creo.
 
Vaite, Deus, e deixame
no camiño ateo.
 
Vaite, Deus, cos outros,
cos que axudas sempre.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 4 de diciembre de 2007

Pisando forte

Abaixo non es nada
arriba es princesa
veñen a adorarte
como a unha estrela.
 
Chamanche raíña
dinche que te queren
pero se ti caes
caida ti quedas.
 
Fuxe o namorado
coma se o demo
viñera a buscalo
para outra estrela.
 
Vaite e non volvas
fuxe desta leira
para ti non hai
bicos na colleita.
 
Despois dos xaneiros
veñen os setembros
enchendo os hórreos
que estaban baleiros.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

lunes, 3 de diciembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Non te apoio.
Grazas.
Grazas polo apoio
do non do agasallo
i do sí que roubas.
 
Subirei ó monte
i de alí as nubes,
das nubes caerei
en chuvia de outono.
 
Eu serei o abono
da colleita morta
antes da semente
destes meus sudores.
 
Non me apoias.
Grazas.
Grazas polo apoio
do non que recollo
nun eu sí me apoio.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 30 de noviembre de 2007

Amor ceibe

Un río nos separa
en dúas veiras.
 
Eu na primaveira
peiteando días
con soños de verán
lonxe do outono
no que ti estás.
 
¿É posible amar
atando novembro
a risas de San Xoán?
 
Todo é posible
se se quere amar,
ata cruzar ríos
que son coma o mar.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 27 de noviembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Para abaixo din que caes
cun sorriso piadoso.
Para arriba din non subas
amosando os dentes todos.
 
Rezan rosarios cos dentes
por cada paso que subes
e cando o camiño deixas
dinche aquí ti xa sobras.
 
Tampouco fai falta Deus
se lle preguntan a moitos
i Deus fixo unha casa
para acollernos a todos.
 
Homes, mulleres e nenos,
mozos, vellos e máis novos
ricos con moitos billetes
e probes no Ceo collen.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

A fame nos dentes,
a rabia na boca,
os ollos ardendo,
as mans dando a volta.
 
¿Quén é o que se atreve
a chamar á porta
pedindo os papeis?
 
Eu non os preciso
para hoxe comer:
se non hai non como,
se hai comerei.
 
¿Quén é o que se atreve
a pedir carnés
co nome escrito
sobre o papel?
 
O nome no escribo
en ningún papel
levoo escrito
nestas mans que ves.



¿Chef por primera vez? - Sé un mejor Cocinillas.
Entra en Yahoo! Respuestas.

jueves, 15 de noviembre de 2007

As derradeiras verbas

¿A qué vides
se non falo?
Vos rezades padrenuestros
que non podo respostaros
con unha avemaría
sempre libre de pecado.
 
¿A qué vides
se non teño
cartos para contentaros?
Pedides con oracións
uns milagres que non fago.
 
¿A qué vides
a encher
o camposanto de bágoas?
Deixadesme o corazón
de bágoas anegado.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 14 de noviembre de 2007

As derradeiras verbas

Fun unha estrela esquencida
nun ceo cheo de estrelas
i quero que isto quede
pintado sobre unha pedra.
 
Eu era a estrela poeta
a que pintaba as verbas
acochando o meu nome
nun leito de follas feito.
 
Ali deixo a miña alma
vivindo en cada verso
dos poemas que navegan
ceibes pola mar da Rede.
 
Que a SGAE non vos cobre
no meu nome os poemas.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 9 de noviembre de 2007

Pisando forte

Teño que poder
erger a torre
chegar arriba
erger o brazo
decir nun berro
eu era ela
a que escribía
en prosa e verso.
 
Eu era ela
a que choraba
en cada poema
as bágoas mortas
en ferro quente.
 
Eu era ela
a que espallaba
verbas no vento
para que a mar
fora o seu berce.
 
Eu era sempre,
sempre a poeta.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 6 de noviembre de 2007

Pisando forte

Regreso con forza
sen Caín na mente
se quero eu podo
se podo eu quero.
 
I quero un posto
con sitio no Ceo
coma teñen outros
que o merecen menos.
 
Non vou a pedilo
con fame nos dentes
pedir é baixeza
e baixezas non quero.
 
Eu irei coa testa
ergida ó vento
cravando os tacóns
en todas as terras.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

miércoles, 31 de octubre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Quero fuxir
de todos os pasados
poñer a terra enteira
de eterna distancia.
 
Non, que non volvan
os tempos que pasaron
non quero aquela chuvia
sen sol para secala.
 
Os anos que se foron
que sigan a viaxe
lonxe do camiño
que queda para adiante.
 
Quero fuxir
das follas xa escritas
para escribir as novas
orfas de letra escrita.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

martes, 30 de octubre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

O pasado volta
e eu non quero
páxinas lidas
noutros tempos.
 
O pasado volta
xa máis vello
pero idéntico.
 
O pasado volta
e eu sinto a ferida
aínda aberta.



¡Descubre una nueva forma de obtener respuestas a tus preguntas!
Entra en Yahoo! Respuestas.

viernes, 26 de octubre de 2007

Amor ceibe

Ceibe é o amor que sinto
sen unha data nin un vestido
sen un reloxo para unha cita
xogando co azar
no tableiro do destino.
 
Fico nunha peza de xadrez
na raíña branca que ti ves
e o amor xira no cadriño
do gañas ti e gaño eu.
 
¿Qué importan os peóns i o rei?
¿Qué importa a que leva anel?
Só importa iste amor que sentimos
iste amor teu
iste amor meu.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

miércoles, 24 de octubre de 2007

Amor ceibe

Recito os meus poemas
pensando en ti
pensando que me oes dende lonxe
pensando nun eco que che leve
as verbas que eu pinto
cando o serán xa morre.
 
Recito os meus poemas
na Torre de Babel que une
unha lingua con outra
sentindo o teu esforzo
por entender estrofas.
 
Recito os meus poemas
sentindo que ti sintes
as miñas verbas túas
en iste barco ceibe
navegando as distancias do vento
navegando as distancias do idioma.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

martes, 23 de octubre de 2007

Amor ceibe

Non, amor, as Maldivas non.
Non me imaxino turista
nin casada no Cancún.


Só me imaxino ceibe como o amor.

Ceibe como iste amor que sinto hoxe
correspondido no mesmo ceibe amor.


¿Para que ir as Maldivas a vivir
o amor que se ceiba neste Atlántico
a golpe de @ e de contacto?


Istas ondas nas troco eu por nada
nin por París nin por unha góndola
na Venecia das pombas e dos amantes
que bican o anel recién mercado.


Eu bico o amor recién ceibado
ceibome pecando namorada
sen pedir perdón
polo amor roubado.

jueves, 18 de octubre de 2007

Amor ceibe

Ceibamos o amor
carta a carta
rachando follas
polos pecados.

Deixeime ir
na onda do amor
deitada no naufraxio
do barco da razón.

Biqueite na distancia
como a unha personaxe
fillo dunha pluma
e amante da cama.

Sentinme abrazada
nunha apreta salvaxe
respostei e resposto
en versos adicados
a ti, querido muso,
pra ti, meu benamado.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

martes, 16 de octubre de 2007

Trovadora de min, trovadora de outros

Un amor pantasma
rondame as mañáns
pola noite cala
máis polo serán.
 
¿Quén es, meu pantasma?
¿Qué camiños andas?
Dime moi baixiño
o que te namora.
 
¿Quedas coa poeta
ou chegas á moza?
Dime ti, meu rei,
qué en min ti atopas.
 
Un home pantasma
achegase a min.
 
Dime moi baixiño
se ti es aquel
que se achegaba
os xoves tamén.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

lunes, 15 de octubre de 2007

Baixo o signo de Caín

O signo é unha crus
¡horror!
da medo
porque sabelo fin
e non queres sabelo.

Unha crus é o signo
con Caín
reinando
sobre o vivir cotidián
de fracaso en fracaso.

¡Maldito Caín!
¡Maldito fracaso!
eu non quero o signo
ergome de min
en outro eu novo
e soño
soia
¡sí!... aínda soño.



Sé un Mejor Amante del Cine
¿Quieres saber cómo? ¡Deja que otras personas te ayuden! .

LIBROS