LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

sábado, 25 de enero de 2014

Muller pantasma

Caladiña voy a modo.
Caladiña apuro o paso.
Caladiña vou seguindo
o destino que me marca
unha estrela estrelada.
 
Caladiña teño medo.
Caladiña o medo pasa.
Caladiña xa me boto
polas rúas dos meus pasos.
 
Caladiña aquí me tes.
Caladiña estoy no allo.
Caladiña boto as verbas
pola boca da pantasma.
 
----------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/

lunes, 20 de enero de 2014

Morreu en Oleiros

Morreu coma morren os páxaros
nas pólas das árbores alleas
i eu non puiden deter o adeus.
 
Morreu...
 
Pousada, Oleiros...
 
Ali
 
Morreu
 
I eu non puiden atala a min
nas pólas da árbore nosa...
 
Morreu...
 
Mamá...
 
Morreches i deixaches tanta dor...
 

martes, 14 de enero de 2014

Morreu en Oleiros

Morreu en Pousada, ali en Oleiros,
ao carón do xardín tristeiro,
sen as miñas mans acollendo
as súas mans no adeus derradeiro.
 
Morreu porque a mataron
as batas brancas asasinas.
 
Morreu i eu endexaáis perdoarei
a súa morte matada e non morrida.
 
---------------
http://quesosmanchegos.blogspot.com/

sábado, 11 de enero de 2014

Morreu en Oleiros

Quisen decirche tantas cousas
i nada dixen cando quisen
decirche grazas i non puiden.
 
Iaste
 
Fuxías de ti
 
Fuxías de min
 
Fuxías de el
 
Fuxías de eles
 
Fuxías, mamá, fuxías
i deixabas as miñas bágoas
cheas de dor.
 
Fuxías i fuxiches
 
Hoxe sei que fuxías cando eu
quisen decirche moitas cousas.
 
--------------------
8-10-2013
 
----------------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/

jueves, 19 de diciembre de 2013

Morreu en Oleiros

Ela morreu como morren
as pombas cando un tiro
lles chega ao pico i calan.
Así morreu en Oleiros
Así foi asasinada
Así as batas mataron
a nai de quen recitaba
poemas na miña cárcere.
 
--------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Muller pantasma

Calo cando me peta
Falo cando eu quero
Son un sí ou non ou nada
e ti tes que comprendelo.
Unha rosa ten espiñas
Eu teño espiñas soas
espiñando ao que se achega.
 
-----------------
http://dinero-beruby.blogspot.com/

lunes, 25 de noviembre de 2013

Morreu en Oleiros

Volvo con máis forza
espida de medos
i un berro decindo:
son libre nas verbas
que voy espallando
de leira en leira.
 
Mergullome en min
para sacar o eu novo.
 
Son a antiga pantasma
na pantasma espello
que saíu de min.
 
Vou subindo do monte
ao campo das estrelas.
 
Alí está ela.
A que máis brila.
Miña nai.
 
---------------
http://quesosmanchegos.blogspot.com/

miércoles, 6 de noviembre de 2013

Morreu en Oleiros

Quedou a paisaxe sen ti
i eu quedei pechada nos recordos.
 
Xa non pintas as portas que pintabas.
Xa non pintas paredes despintadas.
Xa non pintas daquel xeito teu.
 
Quedei sen a miña metade
nunha realidade que me foi imposta.
-------------------

martes, 15 de octubre de 2013

Amando en verso

Botamos a perder o amor
nunha colleita de bicos
cando chegou o adeus
i proliferaron as rifas.
 
Fuxín de min i de ti
Fuxín dos días rematados
Fuxín da vida que foi nosa.
 
Sospeito que estás canso
de lembrar días distintos
aos días que hoxe son
días para dous camiños.
 
Fuxín do trafego que traías
Fuxín do calor da confianza
Fuxín das túas ventás abertas.
 
O amor foisenos pola porta
como a auga polo ría vai
a recibir o adeus na mar.
 
------------------
http://diariodeunamissculta.blogspot.com/

lunes, 14 de octubre de 2013

Muller pantasma

Hai que soñar aínda que non creas
nos soños das túas dúbidas.
Tomo a noite
i deixo os meus brazos na aperta.
A lúa da voltas.
(Eu tamén)
I as dúas durmimos na cama brandiña.
Soño
Soña
Deixo un apaixonado bico na almofada.
Deixa o seu frío nas miñas mans quentes.
 
------------
http://tiendacoruna.blogspot.com/

lunes, 30 de septiembre de 2013

Muller pantasma

Abrín a ventá en Compostela
para ver si Deus andaba
ao carón da Catedral.
Non atopei deus algún
nin ningún deus me atopou.
Outros buscaban por dentro
das pedras que tanto viron.
Eu dende fora ollaba
a fe dos que alí van
con pés cansos do Camiño
i os pecados nas mans.
 
-----------------
 

miércoles, 18 de septiembre de 2013

Muller pantasma

Encho páxinas brancas
coas serpes que boto
mudando esta pel.
Xa non lembro a que fun
porque non quero lembrar
unha pantasma rematada.
 
--------------------

martes, 17 de septiembre de 2013

Muller pantasma

Din que son parva
os que afondan en min
buscando un eu desequilibrado.
Eu digo que son pantasma
cunha ferramenta rápida:
estas verbas ceibes miñas.
Son poeta, moi poeta,
a poeta, a pantasma.
 
------------
 

martes, 27 de agosto de 2013

Muller pantasma

 
Teño moito que falar
nestes silencios que calo
deixándolle á  man escribir
pensamentos ben estranos.
 
Eu cavilo
Eu... medito
 
Eu encho as folla que foron
brancas coas verbas amadas
e tamén fágolle acougo
as verbas que van feridas...
 
Eu son a poeta
En son a pantasma
 
------------
11-8-2013
-------------

lunes, 12 de agosto de 2013

Pantasma

 
Eu son a poeta
das verbas máis ceibes,
a pantasma que ven
os que non me coñecen.
Eu son a poeta
i así me vexo:
poeta i poeta i poeta.
 
-----------------

lunes, 22 de julio de 2013

Morreu en Oleiros

Non pode ser certo
Non podo crer o teu finamento
Non podo decirche adeús, mamá
porque aínda teño moito que contarche.
 
Teño que contarche moitos contos
Teño que recitarche moitos versos
Teño que decirche sen decirche
Teño que caler e ti me entendes
 
Veñen os días de ti orfos
Veñen as datas que non cumpres
Veñen as horas que son séculos
Ven a morriña co teu nome
 
¡Cánto te quisen i te quero!
¡Cánto me does no meu peito!
¡Cánto me mata a túa morte!
 
 
----------------
22-6-2013
XIADA
-------------
 

lunes, 15 de julio de 2013

Morreu en Oleiros

 
Fuches un terte e perderte
na guerra que gañou a túa morte.
 
Aquí me tes nesta derrota
ergendo unha bágoa cun boli.
 
Aquí me tes un sábado calquera
chorándote en brancas follas brancas.
 
Aquí me tes cando xa é verán
cos pés no inverno i na noite.
 
Aquí me tes no silencio que deixaches
na casa que foi a túa i é a túa.
 
Fuches, mamá, para min tanto i todo
que non son máis que un despoxo.
 
----------------
 
22-6-2013
 
Xiada
 
--------------
 

miércoles, 10 de julio de 2013

Sempre ceibe

 
Non esquezo al aldraxes
nin perdoo aos cabróns
díxolle a rosa ao toxo
cando él non lle falou.
 
A toxeira non falaba,
a rosa tamén calou
e veu o lume queimando
o chan onde Deus prantou
unha rosa pequeñiña
con bágoas ceo azul.
 
O toxo ardía queimando
as herbas do corazón
dunha coteira agochada
polo fume dun tizón.
 
 
--------------

Sempre ceibe

 
Ninguén
din que son
i eu non me sinto
ninguén.
Son a raíña, carallo,
i aquí vides a ver
o sangue azul que deixo
nun anaco de papel.
 
------------

martes, 2 de julio de 2013

Ceibe sempre

Ceibe sempre
endexamáis atada
camiñando libre.
 
Así vou
 
Collo o camiño a ningures
deixando pegadas na mar.
 
Asi vou
 
Chego nu non chegar nunca
i fico aquí
ergida
estando sen estar...
pero estando.
 
----------
26-6-2013
XIADA
-----------

jueves, 27 de junio de 2013

Ceibe sempre

 
Amei en verso
Chorei en verso
 
A miña vida foi un verso
buscándome a min nun verso
e atopándote a ti no mesmo verso
 
Eu fun un verso
Eu son un verso
 
--------------

miércoles, 26 de junio de 2013

Morreu en Oleiros

 
Estabas en Oleiros morrendo
i eu estaba nas berzas en Oleiros
mentras as batas brancas asasinas
enchían de pastillas o teu corpo.
 
Mataronte
 
Mataronte coma o rico mata ao pobre
 
Mataronte
 
I mataron contigo a que eu fun
 
 
-----------

Morreu en Oleiros

 
Eu recitabache os meus versos
 
Despois non
 
Ti escoitabas as miñas verbas
na lingua do pobo
 
Despois non
 
Eu debullaba verbas por debullar
para escribir por escribir
i agora boto polas mans
as bágoas que non choro
por ti, mamá, por ti sempre.
 
 
----------------

Morreu en Oleiros

 
Chovía
calabamos
falaba a chuvia no cristal
calabamos
I agora nada
I agora non estás
neste verán de máis chuvia
Mamá...
non estás...
 
 
------------
 

lunes, 24 de junio de 2013

Morreu en Oleiros

 
Son a filla orfa da nai matada,
o verso botado polo río,
a bágoa,
a dor.
Iso son sen ti, mamá, sen ti
porque fiquei en nada cando voaches.
 
 
 
 
 
 
 
----------

LIBROS