LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

miércoles, 26 de junio de 2013

Morreu en Oleiros

 
Eu recitabache os meus versos
 
Despois non
 
Ti escoitabas as miñas verbas
na lingua do pobo
 
Despois non
 
Eu debullaba verbas por debullar
para escribir por escribir
i agora boto polas mans
as bágoas que non choro
por ti, mamá, por ti sempre.
 
 
----------------

Morreu en Oleiros

 
Chovía
calabamos
falaba a chuvia no cristal
calabamos
I agora nada
I agora non estás
neste verán de máis chuvia
Mamá...
non estás...
 
 
------------
 

lunes, 24 de junio de 2013

Morreu en Oleiros

 
Son a filla orfa da nai matada,
o verso botado polo río,
a bágoa,
a dor.
Iso son sen ti, mamá, sen ti
porque fiquei en nada cando voaches.
 
 
 
 
 
 
 
----------

martes, 28 de mayo de 2013

Filla orfa

 
Forasteira de min,
tristeira na tristura
de ser a filla orfa
da nai que se me foi.
¿Onde estará brilando?
¿Onde escoitará os versos
que nacen da miña dor?
 
---------
 
A TENDA DAS CAMISETAS
FEITAS POR TI

viernes, 19 de abril de 2013

O pai do meu medo

 
Teño medo de min
e por min teño medo
porque o medo é
o pai do meu medo.
 
Penso i xa teño
medo sempre medo.
Eu nunca arranxo
o medo que teño.
 
Medo,¿qué me queres?...
 
Ti ao meu carón,
eu a túa beira.

jueves, 18 de abril de 2013

Loito

Loito por nada i por todo.
Loito pola libertade.
Loito por pasar o día
coas novas de hoxe
i chegar a mañán.
 
Loito por ti i por min,
por unha parella
que chegue a bicar
as vodas de ouro
antes de finar.
 
Loito por puro costume.
Loito sen nunca cansar.

viernes, 22 de marzo de 2013

Xa non teño folgos

 
Xa non teño folgos.
Xa nada me importa.
Xa caen as follas
sen levarme a min.
 
Xa calan os pitos.
Xa morren as horas.
Xa non hai un día
para máis vivir.
 
Xa dubido tanto,
tanto i tanto i tanto
que son unha dúbida
aínda muller.
 
Xa os agarimos
dun home non sanan
unha alma cansa
dun corpo sen fe.
 

martes, 29 de enero de 2013

O non

 
 
Na escuridade don non
abres un oco.
Pensas que ti
xa estás fora.
Pensas que eu
estou de bruxa
da intelixencia parva
na escuridade tonta.
 
-----------
TAROT GRATIS
TAROT O SI O NO

miércoles, 26 de septiembre de 2012

Así ando, así canto

 
As cancelas de barreiras,
os camiños sen atallos,
unha bolboreta chora
atada ao pé do tallo.
 
Dígolle cousas ao gato
e xa lle cheira o que falo
porque o meu gato ten
unha crise no traballo.
 
Así ando, así canto,
así choro, así falo,
así son sempre pantasma,
así teño o cú furado.
 
--------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/
http://tiendacoruna.blogspot.com/

lunes, 24 de septiembre de 2012

Dime espelliño dime

 
Reinvento a miña imaxe
nun espello que non son.
Ti ollarás o que queiras.
Eu verei a que non son.
 
Dime espelliño máxico,
¿son a mesma ou non son
a pantasma que escribe
cando chora o acordeón?
 
Dime espelliño ti dime
si esa que ves son eu.
Semellarse a min semella,
pero ela eu non son.
 
-----------------
http://diarioescritoraanonima.blogspot.com/
http://tiendacoruna.blogspot.com/

viernes, 4 de mayo de 2012

Miseria

Sinto o outono
achegándose a min.
Miseria.
Nada.
Berros.
Volvome tola
neste espectáculo
de verbas ceibes.
 
 
-------------------

martes, 17 de abril de 2012

Eras unha festa

Era xaneiro, lembro,
e ti eras o elixido.
Exploreite.
Aprendin a coñecerte
i deixei que coñeceras
os meus xogos arriscados.
Negociaba a noite
ata que me atopaba o día
chegando al mellor: ti.
Era unha festa terte.
Despois... nada.
Adeus.
Nada.
Cambiei.
Non houbo máis elixidos.
Xa non.

sábado, 31 de marzo de 2012

Perdera...

 
Gañaba.
Perdías.
Xogaba o coche.
Corría o risco de perder.
Perdía.
Gañabas.
Xogaba o anel...
¡Imprudente!
Unha gorxa estourou
cando o meu anel foi teu.
Perdera...
Outra vez.

martes, 27 de marzo de 2012

Marchei na túa Harley vella

Ti non estabas.
Eu atendía as uñas i pensaba...
Fóra pechaba a última tenda.
Ti xa estabas.
Eu atendía as túas queixas.
Fóra deixaras a Harley vella.
Ti aínda seguías demorando o tempo.
Eu estaba na hora de decidir...
¡Voume!
¿Qué?
¡Voume!
Marchei na túa Harley vella
lonxe, lonxe, lonxe,
moi lonxe.

lunes, 5 de marzo de 2012

A cabeza nos pés

 
A cabeza está nos pés,
o corazón xa non está,
as mans bailan polo corpo,
ti dúbidas se hai máis
novidades neste xogo
cos dous estamos a xogar,
enchendo de fantasía
a noite por rematar.

viernes, 2 de marzo de 2012

Non estou agarimosa

 
Adiante, ide pasando
polo arco dos desgustos.
Non hei de ser eu a única
muller co pano que chora
as bágoas que non boto.
 
Ide pasando, carallo.
Non estou agarimosa.
Hoxe teño o coitelo
como a garabata posto.
 
A xente que me rodea
ven a abellarme as rosas
e tolean ao ver tantas
espiñas neste meu corpo.
 
Ide pasando axiña
que a tolemia tenvos tolos.
 
A xente xa se decata
de  que son rosa obrigada
a estar na beira do monte.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Ao tolo, ao tolo

 
Ao tolo, ao tolo
imos os dous polo mundo.
Ti vas de misión á lúa,
eu fico detrás da porta.
 
Adiantas un pé ao outro,
deixas camiño andado.
Eu liquido o verán
apoiando causas doutros.
 
¿Xa ves ti, meu namorado?
¡Qué ledicia! ¡Xa na casa!
Pensei que me traizoabas
coa lúa noutra cama.

martes, 24 de enero de 2012

Eu son a raíña

Raíña de min
e da miña traxedia,
lonxe das coroas,
preto de min mesma.

Loitando por cousas
vou perdendo o tempo.
Veñen novas penas,
enganos e misterios.

Revela a lúa
as páxinas negras
neste bo momento
para esquecelas.

Os bicos viaxan
a mundos alleos,
os couces xa enchen
castelos enteiros
onde non me atopo,
onde son o demo.

lunes, 23 de enero de 2012

Palabras cheas

 
Nun cartei vai o meu nome,
nas paredes os poemas,
o que non dixen escribindo
ficou dentro do silencio.
 
Non cambio o que calei
por tantas palabras cheas.

jueves, 5 de enero de 2012

Unha ninfa, unha noiva

 
Quisera ser noiva,
ou ninfa, ou monstro.
 
Quisera ser muller
de viaxe en viaxe.
 
Quisera darche as grazas
collendo a túa man
coas miñas mans xeadas.
 
Quisera abrir concurso
á idea máis festeira
para darche de premio
unha ninfa, unha noiva
i ao monstro de dentro.

lunes, 5 de diciembre de 2011

Polos camiños dos pobres

 
No meu ceo hai de todo,
pero non cabe a envexa,
os cartos teñen cadeira,
o amor ventá aberta.
 
No aparcadoiro teño
soños pedindo esmola
ás necesidades ceibes
que andan de rúa en rúa.
 
Empurro a miña vida
polos camiños dos pobres
e a miña alma quere
beirarúas con máis ouro.

viernes, 25 de noviembre de 2011

Un bo feixe de dúbidas

 
Recollín as miñas dúbidas
e viaxei cara as tús.
Imposible foi sumalas;
liquideinas nunh poxa,
na que o comprador pedía
preguntas e non respostas.
 
Ahí levas un bo feixe,
pensei cando din a volta.

viernes, 18 de noviembre de 2011

Un noivo neoiorquino

Teño un noivo neoiorquino,
fillo dun conde con cartos
ao que lle gustan o queixo,
os callos i o tabaco.
 
Fuma tanto como fala
das finanzas vaticanas
e deixa o botafumeiro
cando os espíritos cantan.
 
Un día gañou un premio
por innovar no traballo
i pensei que xa morría
o mesmo fin de semana.

martes, 15 de noviembre de 2011

Crise fóra e dentro

Preciso afastarme de min
i desta vida imposíbel.
 
Non podo.
 
Non.
 
O meu tempo está cheo
cun traballo que me mata.
 
Crise teño fóra e dentro.
 
Non podo.
 
Non.
 
Estou esgotada
i non sei saír
do límite dos meus límites.

lunes, 14 de noviembre de 2011

Vida debullada

 
Debullo a miña vida
nunha historia chea de dúbidas
onde as preguntas
non teñen respostas.
 
Non esperes emocións
neste conto que che conto,
que está na miña fronteira
con inimigos dabondo.
 
É unha vida estafada
na perigosa existencia
de quen quere un anaco
i non lle dan pan pos dentes.

LIBROS