Pedras mortas a millóns
non deteñen a miña man
que vai fuxindo axiña
nun perigoso camiñar.
Desfeitos teño os dedos,
despoxados de agarimos,
de tanto barallar cartas
un ano e outro tamén.
Eu soño dando puñadas
a parede que me conten.
Sempre pedras no camiño,
sempre a camiñar vou eu.
-------------------------