LIBROS EN GALEGO

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS

MERCA AQUÍ OS TEUS LIBROS
ENVÍO DE BALDE

lunes, 18 de noviembre de 2024

Galicia nai, Galicia verde

As miñas mans son
as que te cuidan,
as que van recortando
coas tixeiras cun día
me regalou o Amigo
que escoita os meus ditos.

¡Son as miñas mans
as que deciden!

E que ninguén me diga
ca miña tixeira
ten que acabar contigo.

Non.

¡Non!

Contigo non acabo
porque ti... ¡es vida!

--------------------------------------------------------------
PERFUMES FLORAIS: https://amzn.to/3Ze6Dna
--------------------------------------------------------------

domingo, 1 de septiembre de 2024

Mulleres ceibes

Aínda que non queiras
son eu.
Aínda que me vexas cousa
son eu.
Aínda que vexas en min a criada
son eu.
Aínda que me vexas reproductora
son eu.
Aínda que penses que son parva
son eu.

E teño que decirche que non son
parva
túa
reproductora
cousa...

Son unha muller ceibe que voa
con estes pensamentos libres
que teño
e que ti, pobriño,
non poderas matar ¡nunca!

-------------------



Libre de virus.www.avg.com

jueves, 20 de junio de 2024

Mulleres ceibes

Aínda soñamos
coa familia que nos dixeron
que era perfecta,
pero sabemos que no existe,
que é palla,
fume,
nada.

O amor non sabe de modelos,
é así como nos peta,
e pode ser variado.

Eu, unha muller ceibe,
deixo que latexe
no meu corpo
ese amor
que vai e volve.

--------------------

una mujer joven con el pelo rojo y largouna mujer joven con el pelo rojo y largo
MERCA AQUÍ o libro do Mago More: https://amzn.to/3Ryiokk

domingo, 9 de junio de 2024

Mulleres ceibes

Fumos mulleres ceibes
atadas
nas casas
cheas
de cargas.

Soñamos.
Rimos.
Falamos.
¡Berramos!

Dixemos nunca máis
cargas
de fillos
de fillas
de nais
de pais
de homes...

¡Nunca máis!

A min, muller ceibe,
na miña vindeira vida
non me encadeades
a o lume dun fogar.

---------------
MERCA EIQUÍ bikinis pequeniños: https://amzn.to/3KzDQBl


----------------------


jueves, 16 de mayo de 2024

Día das Letras Galegas: Luisa Villalta

Morreu xoven
i xoven é homenaxeada
Luisa,
a poeta
que tocou o violín
cas mans e cas letras...

Pechan as escolas,
baixan as persianas,
moitos fan unha ponte
de venres a luns
incluindo o sábado.

Luisa, cheirando a morte,
cala.

--------------








Libre de virus.www.avg.com

lunes, 6 de mayo de 2024

Mulleres

Mulleres falando.
Mulleres cosendo.
Mulleres na leira.
Mulleres na feira.

Mulleres que calan.
Mulleres que falan.
Mulleres que choran.
Mulleres que berran.

Mulleres na eira.
Mulleres na casa.
Mulleres na mina.
Mulleres na obra.

Mulleres nos coches.
Mulleres nas rúas.
Mulleres nos parques.
Mulleres por fora.

Mulleres nas praias.
Mulleres na compra.
Mulleres que mandan.
Mulleres que aguantan.

Todas e máis somos
mulleres de xénero,
mulleres con forza.

---------------------

jueves, 18 de abril de 2024

Mulleres


Somos mulleres de primeira división.
Libres.
Fortes.
Sen dono.
Sen cargas.
Soas na nosa libertade.
Soas coa nosa forza.
Soas sen hombes donos.
Soas sen cargas que chaman familia.
¡Ceibes!

--------------------------


viernes, 5 de abril de 2024

Nenos

Igual que chegamos 
marchamos:
con panos no cú
e leite no papo.

¡Qué merda de vida!

Andar non se pode,
a cama non cansa,
unha filla loita
cos días da nada.

------------------




martes, 5 de marzo de 2024

Muller soa

Teño que decir que vou,
teño que decir que sigo,
teño que decir que estou
brincando como unha avispa.

Son o avispeiro cheo.
Son unha muller sen tino.
O mesmo canto sen fin
ou calo como na misa.

Miña nai sempre me di:
nena, desperta e espabila.
Deixame soñar, mamá,
os soños que non consigo.

-------------------


domingo, 3 de marzo de 2024

Muller soa

Hoxe pensei que voara
e estaba na camiña.
Ao meu carón un libro.
Enriba a manta tiña.

Só me voara a cabeza.
Só soñara un chisquiño.

Pero aínda está en min
latexando nesta vida
que sabe a algunha risa.

---------------------


martes, 6 de febrero de 2024

Mulleres ergidas

Un día decidín ser
unha muller ergida.

E erguinme.

Sen medo.

Leda.

Cun sorriso de azucre.

Cunha ferida no peito.

Pero tiña que fuxir
da corredoira do demo.

----------------------
Roupa sexy: Merca eiquí o que más che goste

sábado, 6 de enero de 2024

Os fillos que parín

Os fillos que parín no me quiseron
nai,
pero fun a nai de catro deles.
Medraron dentro
quentes
e saíron nas mans do médico.

Foron tan meus que lles falaba
cando ía polas rúas da Coruña
facéndolles un futuro de colexios.

Vinnos xogar
ledos
fortes
¡meus!

Saían do colexio Eusebio da Garda
e fuxían pola praía de Riazor
a nado.

Non, ¡non!

Os meus meniños irían a outro colexio
alonxado das ondas namoradas
dos corpiños.

Pensei no meu colexio en Elviña
e vinme contándolles a miña nenez
aos meus nenos vivos.

---------------------------

viernes, 5 de enero de 2024

Nai viva, nai morta

Foi outro Nadal sen nai,
sen vida pero con vida,
sen festa pero con festa.

Busqueina nos recordos
que teño dela
e vina viva,
leda,
festeira.

Pero tamén a vin morta
no seu derradeiro adeus
e vinme sen raíces,
soa...

----------------------


sábado, 17 de junio de 2023

Mulleres doentes

Unha rosa é unha dor,
unha dor é unha rosa.
Non sei se a rosa pica
ou a dor faime máis dura.
A herdanza que me queda
son as rosas que me doen.
Vou despiñando unha a unha
con estos dedos de nora.
--------------------
New York Chic: Productos gratis en Miravia para devolver


jueves, 8 de junio de 2023

Mulleres ceibes

Estábamos no xardín
das mulleres ceibes,
pero aínda na Idade Media...

Había monarcas.
Estaban os nobres.
Reinaba a igrexa...

Neste mundo feudal 
oiuse un berro:
¡Son muller ceibe!

Os cabaleiros aseonllaronse
bicando o chan
e o rei caeu polas escaleiras
do seu propio castelo...

A muller ergeuse, pero as outras
mulleres e irmáns
aínda se sentían felices
buscando príncipes.

-----------------
Amazon vende: Vestidos moda muller online

sábado, 15 de abril de 2023

Tía Maricarmen

Acabou nunha caixa de madeira
calada
allea
presente.
Choramos todos.
Chorounos ela.
A miña tía morrera sen querer
morrer aínda.
Foise polo camiño de volta
collendo o mesmo tren
que colleron outros
e acabaremos collendo todos,
aínda os recén chegados.
Adeus.
Quérote.
E sinto a familia baleira sen ti.

domingo, 19 de febrero de 2023

Mulleres

Estaba aillada.
Soa.
E non lle vai mal.
Deixara de ter relacións
coa súa parella,
co fillo que tivo,
os pais xa morreran...
Pero tiña aínda o recurso
que paga compañas:
os cartos...
¡o demo!
---------------
---------------
Lencería sexy para mulleres ceibes: Nin tapa diante nin tapa atrás

Suso e os berros homófobos

Suso nunca aprendeu a ler nen escribir, pero tiña moita destreza coas contas. Ademáis era un home moi crítico. Xa de neno facía moitas preguntas. Pero unha cousa era preguntar das materias e outra moi distinta era preguntarlle ao profesor se era gai naqueles anos do franquismo.

O mestre calou e seguiu o seu que eran as matemáticas. Nin sequera deixou de explicar o Teorema de Pitágoras cando a clase se enchera de berros homófobos.
----------------
----------------
Pantalóns de coiro: Os pantalóns das mulleres que saben o que queren. Merca no link o teu.

As miñas dúbidas

Non escoitas.
Non preguntas.
Adoitas a ir falando
sempre pola túa conta.
Grazas a iso ti chegas
á cancela que está lonxe.
En quedo na que está preto
do corral das miñas dúbidas.
-----------------------
Regalos para cativos: O body unisex que tod@s queren


Libre de virus.www.avg.com

martes, 7 de febrero de 2023

Mi San Valentín con Drácula

 Era una mesa para dos. Romualdo agarraba mi mano de cuando en cuando y yo intentaba sonreír, pero la alergia a las flores me hacía lloriquear como una pobre enamorada que se emociona con la cena romántica.

 Tampoco contribuían a que me sintiera cómoda las velas. Un candelabro que parecía de plata se interponía entre los dos, echando fuego controlado de unas velas que parecían no consumirse nunca.

 ¿Aquello era una cena romántica? me pregunté. Mis dudas quedaron despejadas cuando llegó el camarero con el primer plato y me sonrió: tenía los mismos colmillos que Drácula.

--------------------
Cenas románticas con flores: Compra aquí tus flores para San Valentín.


sábado, 19 de noviembre de 2022

Muller ceibe

Non, non mo digas.
Non digas que estou atada.
Eu son a muller máis ceibe
que nesta Galicia fala.
E se esperas que eu sexa
a muller da túa casa...
vas buscando unha boneca
porque eu xa estou marchando.
Ergo as mans. Ergo os brazos,
As miñas pernas xa andan...
-----------------------
Tienda Coruña: aquí tes ideas de compras para mercar productos probados.


domingo, 13 de noviembre de 2022

Chove...

Chove nun mes de San Martiño
que semellaba agosto.
Esta mañán non chovía.
Ágora chove e molla
o chan que está en obras,
as beirarúas, as rúas,
as estradas, o campiño...
Está chovendo e chove.
---------------------------
Temos a roupa que está de moda. Entra no link e gasta os cartos na lencería vermella que che fai ilusión. ¡Ti podes!

viernes, 4 de noviembre de 2022

Mulleres ceibes

Creo que non entendes
que son unha muller ceibe
sen esas cadeas
que atan os soños
aos soños do home.
¡Eu non vou atarme
aos soños que soñas!
Durmirei soñando
os soños que son
meus e non de outro.
-------------------------


LIBROS